Dictadores

Frank Dikötter

A obra explora a realidade sociopolítica que elevou aos ditadores do século XX a construír o seu poder. A través dunha análise profunda nas fontes de arquivo, a obra explica os mecanismos psicolóxicos e políticos que existían detrás do liderado, como utilizaron a manipulación da imaxe pública e da propaganda para conseguir a lealdade das masas agachando as políticas represivas. 

Cun enfoque historiográfico, Dikötter analiza como o culto á personalidade non só serviu para consolidar o poder, senón tamén para xustificar atrocidades en nome dunha ideoloxía. A obra permite reflexionar sobre os dilemas éticos e políticos sobre os que se sustentaban as ditaduras do século pasado.

Frank Dikötter

Frank Dikötter é un historiador e profesor especializado na China moderna e nos réximes totalitarios. Catedrático na Universidade de Hong Kong, é coñecido pola súa triloxía sobre Mao Zedong e pola súa análise do impacto do comunismo na China. O seu traballo, baseado en arquivos recentemente desclasificados, destaca pola súa profundidade e polo seu enfoque crítico cara ás ditaduras do século XX.

(Stein, Países Baixos. 1961)

Anterior
Anterior

Postguerra