Gaza ante la historia

Enzo Traverso

Neste ensaio analízase os fundamentos históricos e éticos do conflito israelo-palestino cunha lucidez impactante. Traverso non só cuestiona as narrativas simplistas que moldearon a nosa comprensión da rexión, senón que conecta a opresión de Gaza cun legado colonial máis amplo, onde as categorías de civilización e barbarie serviron para xustificar as peores atrocidades.

Lonxe de limitarse a unha condena inmediata dos feitos do 7 de outubro, Traverso emprega as ferramentas da análise histórica para situar a resistencia palestina nun marco de dereito e lexitimidade retando a Occidente a examinar as súas propias contradicións morais.

Enzo Traverso

Historiador especializado en historia intelectual e política del século XX, cun enfoque particular na memoria europea e no Holocausto. Foi profesor na Universidade de Picardía Jules Verne en Amiens e dende 2013 é profesor de Humanidades na Universidade Cornell en Nova Iorque.

A súa obra inscríbese na tradición dos grandes historiadores marxistas como Eric Hobsbawm. É considerado unha voz chave no análise do pasado europeo e as súas implicacións no presente cuestionando as narrativas convencionais.

(Gavi, Italia. 1957)

Anterior
Anterior

Memorias de un historiador del Holocausto

Siguiente
Siguiente

Water Wars