O compromiso ca memoria: 80 anos da liberación de Auschwitz-Birkenau

Plataforma de entrada ao campo de concentración de Auschwitz-Birkenau (1945).

No intenso inverno polaco baixo o réxime nazi, a sociedade mundial reparará nunha nova realidade da guerra. O 27 de xaneiro do 1945, tras a liberación por parte das tropas soviéticas do campo de concentración e exterminio de Auschwitz-Birkenau, o mundo observa o panorama desolador e a escalofriante imaxe do horror nazi. 

Ao redor de 7.000 prisioneiros moribundos, 500 deles menores, mantíñanse erguidos cas derradeiras forzas que posuían ou xacían na intemperie do campo observando como os soldados soviéticos entraban no campo. Con temperaturas baixo cero, os superviventes privados de toda identidade de humanidade, esperaban á morte en Auschwitz ao estar incapacitados para seguir a decenas de miles de persoas cara as chamadas marchas da morte na que os soldados das Schutzstaffel SS asasinaban e eliminaban as probas do Holocausto que estaban a realizar mentres fuxían cara o oeste.

A liberación de Auschwitz-Birkenau non só marcou a fin do inferno para os prisioneiros que quedaron con vida no campo, senón que foi o inicio dunha nova etapa de documentación, concienciación social e memoria histórica dos crimes que realizou a ditadura nazi. A revelación do xenocidio perpetrado polos nazismo chega á actualidade a través dos documentos e testemuñas rexistradas, tanto a superviventes como a colaboracionistas, conseguindo obter unha verdadeira crónica do sucedido e eludir a intensa labor de eliminación das evidencias polo soldados das SS.

Oświęcim, nomeada Auschwitz tras a ocupación nazi de Polonia no 1939, era unha pequena localidade que posuía unha relevancia crucial a nivel xeoestratéxico para o réxime de Hitler. A poboación pasou polo dominio austríaco, prusiano e incorporado ao Sacro Imperio Xermánico, mais foi a partir de 1900 cando se estableciu unha estación de tren que melloraría a economía local e aloxaría a traballadores temporais e migrantes das áreas industriais circundantes. As antigas construcións dos obreiros feitas de ladrillos e barracóns de madeira e reconvertidas en cuartel xeneral tras a I Guerra Mundial transformaríanse, coa anexión do territorio ao Reich alemán, nas bases do campo de concentración nazi permitindoo levantalo rapidamente dende o ano 1940.

Situado nun nó ferroviario no que se entrelazaban as cidades de Berlín, Varsovia, Praga e Viena xunto cas áreas industriais do norte de Silesia, Auschwitz era o eixe que cumpría os requisitos para os transportes masivos planificados por Adolf Eichmann, oficial das SS e responsable do envío de deportados aos campos do este.

Chegada de xudíos húngaros ao campo de concentración. Auschwitz-Birkenau, 1943.

Na industralización da morte por parte do réxime hitleriano, este foi o principal campo de exterminio abarcando 191 hectáreas e cun total de 1.100.000 de persoas asasinadas entre 1940 e 1945. Na súa maioría xudíos, ao redor do 90%, aínda que tamén houbo minorías como os sintis e xitanos, prisioneiros de guerra, disidentes políticos, persoas con discapacidade e homosexuais, convertendo posteriormente a Birkenau nun dos emblemas do xenocidio nazi.

A xeografía do campo estaba diseñada pormenorizadamente. Auschwitz I sería o principal campo de concentración, mentres que Birkenau (Auschwitz II), convertiríase no lugar de exterminio onde se construirían as cámaras de gas e os fornos crematorios que permitirán ao Estado nazi a intensificación da maquinaria de exterminio.

O sistema loxístico de aniquilación creado polo nazismo comezaba pola chegada dos prisioneiros no ferrocarril dende diferentes puntos de Alemaña e Europa. Ao contar cunha línea férrea propia, Auschwitz-Birkenau converteuse nun dos centros neurálxicos do Holocausto, coa chegada dos deportados á praza central do campo e empurrados á “pendente” onde as persoas eran forzosamente seleccionadas e divididas. Por unha banda, os prisioneiros máis “afortunados” eran internados nos barracóns do campo de concentración para traballar até a extenuación como escravos e, por outra banda, enviados cara á morte en Birkenau onde eran directamente levados a cámara de gas.

Foi o 20 de xaneiro de 1942, na Conferencia de Wansee levada a cabo na Oficina de Seguridade do III Reich en Berlín, onde os quince altos funcionarios do réxime nazi con Adolf Hitler como führer e Rudolf Höss como comandante das SS e encargado dos campos de concentración, organizaron e aprobaron o plan da Solución Final. Nesta orde, Auschwitz-Birkenau acadou un papel central no exterminio sistemático xunto con outros campos como Dachau (primeiro campo de concentración en 1933), Treblinka ou Sobibor. Desgraciadamente, os plans de exterminio elevaron a Auschwitz como sede principal da aniquilación debido á ampliación de Birkenau que xuntaría os dous campos e pola súa xeolocalización ferroviaria que permitía a chegada de prisioneiros dende todas as partes de Europa, como fixeron até finais do outono de 1944 cando chegou o último transporte de deportados.

Superviventes do campo de concentración. Auschwitz-Birkenau, 1945.

A relevancia da memoria histórica e da investigación sobre estes acontecementos segue sendo crucial para a nosa sociedade. Un proxecto de 2019 do Memorial de Auschwitz-Birkenau permitiu identificar a máis do 60% de prisioneiros aparecidos nos rexistros documentais que quedaron no campo tras a fuxida dos últimos soldados das SS a principios de 1945. Desta cifra, ao redor de 900.000 deportados enviados directamente á cámara de gas non foron rexistrados polo que permanecerán no anonimato da historia. Para resignificar a todas estas persoas anónimas existe a memoria histórica, que na actualidade téntase silenciar e olvidar, polo que os relatos dos sobreviventes son fundamentais para recordar e simbolizar o eco eterno desta traxedia.

Os escritos de Primo Levi ou Viktor Frankl como fonte primaria que explica o horror perpetrado polos nazis ou as declaracións de superviventes como Anita Lasker-Wallfisch, que cumple 100 anos este 2025, son esenciais para postergar a memoria dos deportados e asasinados no Holocausto.

Anita, que sobreviviu grazas a saber tocar o violonchelo no campo de Bergen-Belsen e formou parte da orquesta de mulleres en Auschwitz, serven como relatos perennes e imprescindibles para manter as democracias contemporáneas e recordar o verdadeiro perigo dos réximes totalitarios fascistas. En 2018, a propia Anita realizou un acto conmemorativo das víctimas do nazismo no Bundestag alemán, no que describía o Holocausto “as dimensións da catástrofe eran inconcebibles” e relataba “cando non se ía directamente ás cámaras de gas ao chegar, tampouco se sobrevivía moito en Auschwitz; máximo tres meses”.

Anita Lasker-Wallfisch, supervivente do Holocausto falando das súas memorias no Bundestag (Parlamento alemán). Berlín, 2018.

Na actualidade, o rexurdimento dos discursos de odio e a trivialización do Holocausto obrigan á nosa sociedade a dobrar os esforzos colectivos no ámbito da memoria histórica e a promoción de sociedades inclusivas e tolerantes. O legado de Auschwitz e das decenas de campos de concentración creados polos réximes autoritarios do século XX é un recordatorio do risco que ten o odio institucionalizado e permisión social dos discursos populistas que realizan os actuais mandatarios mundiais.

Unha cidadanía que ten presente a súa memoria histórica, que reflexiona sobre o seu pasado e non permite que se manteña no silencio da historia levará a sociedades máis igualitarias, democráticas e plurais que eviten a repetición de atrocidades como o Holocausto. A investigación histórica permite enfrentarse a estes retos actuais de distorsión e a negación do fascismo, garantindo ás novas xeracións as consecuencias do odio e a intolerancia.

Entrada do campo de concentración de Auschwitz I onde se le Arbeit macht frei (“o traballo libera”). Auschwitz, 2024.

O desafío de preservar a memoria histórica pretende eludir unha reinterpretación erróneo da historia. Un destes procesos é visible no protocolo transcrito da Solución Final no Memorial da Conferencia de Wannsee en Berlín, onde non é posible observar en ningunha liña dos 90 minutos de reunión dos altos funcionarios nazis o termo asasinato ou matar. Para evitar a creación de arengas populistas que deriven en resignificacións partidarias cheas de odio e intolerancia é chave preservar a memoria histórica como se fai no coñecido memorial sobre as deportacións Plataforma 17 en Berlín ou lembrar o Día Internacional na Memoria das Vítimas do Holocausto, o 27 de xaneiro, coincidindo ca liberación do campo de concentración e exterminio de Auschwitz-Birkenau.

A pesar que os debates sobre o Holocausto e a súa memoria aínda supoñen unha cuestión de forte controversia en pleno 2025, os 80 anos da liberación de Auschwitz-Birkenau é unha oportunidade para a sociedade de aprender as ensinanzas que nos deixou e describir o Holocausto como sufrimento, mais tamén como resistencia, esperanza e compromiso ca memoria colectiva.  

Anterior
Anterior

A xeopolítica da industria bélica: negocio, alianzas e estratexias

Siguiente
Siguiente

Ucraína-Rusia. Unha guerra que redefine o equilibrio xeopolítico.