
Un proxecto decidido pola INVESTIGACIÓN e a ANÁLISE crítica dos eventos que configuran o MUNDO ACTUAL.

Publicacións destacadas
Pablo Moreira Martínez
Historiador, escritor e fotógrafo
A Ágora Politik tenta ser un espazo de reflexión sobre a historia, a xeopolítica e a política internacional co fin de analizar e estudar os acontecementos que configuran o século XXI.
Cunha ollada aberta e crítica das dinámicas sociopolíticas ao longo da historia até os nosos días, atoparás ensaios históricos, reflexións xeopolíticas, recomendacións bibliográficas, reportaxes e información política actualizada dos desafíos aos que se enfrontan as sociedades modernas a nivel global.
Nun mundo cada vez máis complexo, observar as dinámicas profundas do poder dende unha perspectiva rigorosa e fundamentada é a chave para comprender a conexión entre as decisións políticas actuais e os grandes acontecementos históricos.
Dende Agora Politik desafiaremos as narrativas convencionais e partidistas para ofrecer unha ollada crítica sobre a xeopolítica e a historia.

GALEGUISMO DESTERRADO
Cultura e política no exilio 1936 - 1945
Nos días máis escuros da Guerra Civil española, a terra galega viu partir a algúns dos seus fillos e fillas máis ilustres.
Galeguismo desterrado narra a epopea destes intelectuais galeguistas que, perseguidos e condenados ao exilio, atoparon nas terras afastadas de América un novo escenario onde manter viva a súa loita e fortalecer a identidade dun pobo en perigo.
O ensaio mergúllase na cultura e política no exilio 1936-1945 relatando as voces dos xigantes intelectuais e dos nomes esquecidos na historia colectiva para celebrar a forza e a adaptabilidade dun pobo que, nun contexto de belixerancia internacional, soubo florecer o seu compromiso e idiosincrasia.
Sae ao prelo en abril de 2025!
