Ucraína-Rusia. Unha guerra que redefine o equilibrio xeopolítico.

Plaza de Maidan, 2024.

(Epicentro da confrontación no 2014)

En febreiro de 2022, o conflito entre Rusia e Ucraína comezaba unha nova fase de aceleración dende o 2014 coa anexión de Crimea e o seu rápido referéndum para converterse en territorio soberano ruso. Tras anos de inxerencia nas institucións gobernamentais por parte do Kremlin e cos apoios occidentais a nivel político á oposición pro-europeísta personificada por Poroshenko e Zelensky, Ucraína reflexou o caldo de cultivo idóneo, pola súa importancia xeoestratéxica e económica, para o estalido dun conflito armado como o que observamos actualmente.

A relevancia do inicio da conflagración ruso-ucraína observouse axiña coa posta en marcha das influencias, axudas armamentísticas e relacións internacionais que saían a luz. A operación militar especial curtopracista que mencionaba nos seus discursos o ex-axente da KGB e actual presidente do Kremlin, Vladímir Putin, pasou dunha invasión propiamente territorial a unha nova esfera que redefine a orde mundial confeccionada dende a caída da Unión Soviética e modificada ao longo deste século XXI.

Logo de dous anos e medio de prolongación da guerra, os dous bandos seguen axustando as súas estratexias e provocando un desgaste constante. En primeiro lugar na poboación, co desprazamento de máis de 3.6 millóns de persoas internamente, 6 millóns de refuxiados e a morte de  máis de 10.000 civís; en segundo lugar, no exército, con 560.000 baixas e 70.000 mortes confirmadas no exército ruso e 400.000 feridos e ao redor 80.000 soldados ucraínos mortos estimados pola intelixencia occidental; finalmente en terceiro lugar, co aumento do fluxo de armamento e tecnoloxía militar avanzada procedente dos respectivos aliados. Un intenso esforzo que repercute directamente na estabilidade xeopolítica global afectando á participación indirecta no conflito dos principais países de alianza da OTAN como Alemaña ou Estados Unidos.

O xigante americano, que teme perder neste século o seu control e hexemonía mundial, mantén firme a súa axuda militar a Ucraína a través de numerosos paquetes de axuda como o que aprobou o senado en abril tras 5 meses de negociacións por valor de 374 millóns de dólares en sistemas de defensa antiaéreo e agora, a finais de 2024, entrega e permítelle a utilización de misís ATACMS e HIMARS coa colaboración de Gran Bretaña e Alemaña principalmente. Pola súa parte, a Organización do Tratado do Atlántico Norte, NATO nas súas siglas inglesas, acudiu nas últimas ofensivas ucraínas coa asistencia financeira precisada para que Ucraína sostivese o esforzo bélico constante, así coma no ámbito militar co subministro de sistemas defensas aéreas (NASAMS e Patriot) e armamento pesado de longo alcance como o entregado por Francia (Caesar) ou Alemaña (Panzerhaubitze 2000).

Nos últimos dous anos, preto de 30 países transferiron armamento a Ucraina. Estados Unidos, Polonia e Alemaña están a fronte na listaxe.

Fonte: Stockholm International Peace Research Institute.

Dende o outro prisma, o Kremlin tenta enfrontar o illamento e as sancións internacionais introducindo na conflagración a participación indirecta de países como as repúblicas de Irán, un actor chave na destrución de infraestruturas ucraínas a través do abastecemento de drones kamikaze Shahed-136 que seguen provocando ataques críticos no territorio; Corea do Norte, socio histórico dos rusos que subministra munición e proxectís de artillería ademáis da corroborada existencia de soldados norcoreanos na fronte coas forzas armadas da Federación Rusa; e China, protagonista importante a nivel diplomático que tamén establece axuda armamentística a través do aprovisionamento de compoñentes específicos na fabricación de drones.

Polo que a repercusión internacional deste conflito segue moi activa neste 2024, e con toda probabilidade ao longo do próximo ano, amosando a redefinición de estratexias e equilibrios xeopolíticos dos estados protagonistas desta conflagración, tanto directos ou indirectos, no territorio fronteirizo entre Europa occidental e Rusia.

A medida que se suceden as ofensivas en varios puntos das frontes, a tensión e o temor a unha espiral de escalada do conflito provoca que os gobernos de ambos flancos manobren politicamente co obxectivo de gañar terreo nunha posíbel negociación de paz que na actualidade vese moi lonxe. Nas últimas semanas, o presidente Volodímir Zelenski moveu ficha viaxando á Casa Branca, onde intensificou os seus esforzos diplomáticos (ca determinación da vitoria ucraína) e mantivo reunións ca cúpula política e militar do goberno norteamericano e co presidente electo, Donald Trump. A proposta do xefe do goberno ucraíno, denominada Plan para a Victoria, tenta consolidar os avances no ámbito militar e asegurar un respaldo internacional coa intención de preparar as futuras negociacións de armisticio que restauren a integridade territorial e sexan favorables para Kiev.

As conferencias de Zelenski cos actores internacionais aumentan co propósito de manter o financiamento e intensificar os recursos armamentísticos. Rada Suprema, Kiev 2024.

Así, o executivo ucraíno confecciona un plan estratéxico que, aínda que non é revelado en totalidade por motivos de seguridade, arguméntase nuns pilares fundamentais como son a presión diplomática internacional sobre Moscova pola invasión militar iniciada no 2022 e a intensificación do subministro de armamento occidental permitindo o uso de mísiles de longo alcance. Pola súa parte a incongruencia dos países da OTAN, que temen unha nova escalada do conflito cando están facilitando novas formas de ataque estratéxico e aumento o gasto armamentístico por orde norteamericana, xoga un papel chave tras as recentes declaracións e ameazas nucleares de Putin nas que non titubeo en confirmar os ensaios de probas balísiticas dos Oreshnik, misís hipersónicos sen cabezas nucleares, durante as últimas semanas deste 2024. 

Neste tramo final de ano pódese reparar que a alianza otanista seguirá sendo fundamental para as aspiracións de Kiev en termos de axuda económica e militar, a pesar das novas voces internacionais que reclaman a disminución dos incesantes envíos de material e armamento bélico cara o territorio ucraíno e o aumento das tensións xeopolíticas que recrúan e prolongan o conflicto no tempo.

A incerteza estratéxica de Trump obriga a Zelenski a pechar acordos que protexan os intereses económicos e armamentísticos ucraínos dependentes dos EUA e da OTAN. Chicago, outubro 2024.

Aínda que a verdadeira tensión internacional captouse nos dous tremores principais que chegaron nestes dous últimos meses de 2024. Por unha banda, as eleccións presidenciais norteamericanas deron a vitoria ao ex-presidente, Donald Trump, polo que a guerra ruso-ucraína espera a súa cita para entrar no taboleiro estratéxico e ser utilizada como arma política para cumprir as promesas de campaña do presidente electo. Coa ollada posta na finalización do conflito, Trump chegará en xaneiro a Casa Branca coa intención de chegar a acordos unilaterais cun presidente ruso co que xa se reunira en dúas ocasións na pasada administración e co que mantén, segundo o condenado empresario estadounidense, unha prolífera e respetuosa relación. Para Zelenski as novas non son prometedoras, despois de plantexar novas vías para unha negociación do alto ao fogo tras as incursións ucraínas no territorio ruso de Kursk e a aprobación de apoio económico-militar por parte do principal actor da OTAN, os vindeiros meses verase obrigado a inmiscirse na tentativa de acadar a axuda necesaria a nivel estratéxico para que os Estados Unidos non prosiga coa intención de finalizar a guerra.

A renovación da alianza e cooperación entre Rusia e Corea do Norte aumenta a ameaza nuclear no taboleiro xeopolítico. Pyongyang, xuño 2024.

Noutra banda, a participación directa de actores xeopolíticos como Corea do Norte co pacto de defensa mútua en caso de agresión e coa introdución dun continxente de soldados na fronte ucraína renova e intensifica as tensións dun conflito que, tras máis de 1.000 días, segue redifinindo o equilibrio xeopolítico mundial. A proliferación dos intercambios armamentísticos entre Rusia e Corea do Norte e a renovacións dos acordos de asociacións estratéxica elevan a ameaza bélica a escearios non observables dende a Guerra Fría e deixan na historia ós acordos de non proliferación de armamento de medio-longo alcance tras a suspensión por parte do Kremlin da súa firma en resposta ao subministramento deste misís ATACMS de alta precisión a Ucraína.

Estas incertezas xeopolíticas ameazan con rachar os compromisos negociados entre os Estados Unidos e Rusia como o Tratado de Redución de Armas Estratéxicas, coñecido como New START, prorrogado en 2021 até o 2026 e que limita o número de cabezas nucleares despregadas por ambas partes. Desta maneira, o último movemento no taboleiro xeopolítico proveu de Putin tras un discurso na televisión estatal, no que explicou a adopción de novas doutrinas de utilización de armas nucleares en respota a posíbeis ataques convencionais directos que intimiden e perxudiquen á soberanía de Rusia e Bierlorrusia reducindo así o marxe para realizar un ataque nuclear.

Anterior
Anterior

Lista de espera en Mar-a-Lago