
Publicacións destacadas
A traxedia rohingya
A crise dos rohingyas revela os límites do dereito internacional fronte ao xenocidio e o exilio forzado dun pobo sen recoñecemento legal nin protección real.
Refuxiados climáticos: unha fronteira esquecida do dereito internacional
Os refuxiados climáticos quedan fóra da definición tradicional de asilo deixándoos nun limbo legal sen protección internacional. O dereito internacional debe recoñecer o impacto do cambio climático nos dereitos humanos e garanta a súa protección efectiva.
As Nacións Unidas fronte ao século XXI
O dereito de veto no Consello de Seguridade converteuse nun obstáculo para a paz mundial, atrapando a institución nunha lóxica obsoleta e acentuando a crise actual do multilateralismo global.
A política da memoria na Europa do Leste
No espazo postsoviético, o pasado convértese nunha arma simbólica esencial para reforzar identidades e redefinir alianzas.
Estratexias de poder no Indo-Pacífico
As imposicións arancelarias actuais e o incremento da militarización sitúan a rexión do Indo-Pacífico no centro das tensións xeopolíticas.
A Unión Europea do “kit” de supervivencia. Un actor global autónomo ou unha peza subordinada?
A Unión Europea debe avanzar cara á creación dunha defensa común propia, afastándose da dependencia total da OTAN e das medidas superficiais. Só así poderá lograr a súa verdadeira independencia estratéxica e actuar como un actor global autónomo, sen quedar subordinada ás potencias externas.
Entre a retórica e o poder real da comunidade internacional
Nun escenario xeopolítico dominado pola rivalidade estratéxica e o discurso da neutralidade, a comunidade internacional xoga o papel de concepto retórico e agocha unha inacción sistemática.
O desarme do P.K.K. Un xiro decisivo na xeopolítica kurda
Tras máis de 40 anos de conflito armado contra o Estado turco, a proposta do líder do PKK busca un cambio histórico que poida abrir a porta a negociacións de paz e á reintegración dos kurdos na vida política turca.
A xeopolítica da industria bélica: negocio, alianzas e estratexias
A industria armamentística global, impulsada polos intereses xeopolíticos e económicos dos Estados, perpetúa a militarización e os conflitos, consolidándose como un motor clave da estratexia internacional no século XXI.
O compromiso ca memoria: 80 anos da liberación de Auschwitz-Birkenau
Os 80 anos da liberación de Auschwitz-Birkenau é unha oportunidade para aprender das ensinanzas que nos deixou o Holocausto e describilo como sufrimento, mais tamén como resistencia, esperanza e compromiso ca memoria colectiva.
Ucraína-Rusia. Unha guerra que redefine o equilibrio xeopolítico.
O taboleiro xeopolítico do século XXI está a redefinirse ás portas de Europa confeccionando estratexias, compromisos e alianzas internacionais.
Lista de espera en Mar-a-Lago
Trump 2.0 chega á Casa Branca coa intención de redefinir o equilibrio xeopolítico a prol dos Estados Unidos e axitar as relacións transatlánticas.
Resiliencia e represión: mulleres atrapadas no Emirato Islámico Talibán
A situación das mulleres afgás reflicte un país atrapado entre intervencións estranxeiras e valores fundamentalistas.

Un proxecto decidido pola INVESTIGACIÓN e a ANÁLISE crítica dos eventos que configuran o MUNDO ACTUAL.
Pablo Moreira Martínez
Historiador, escritor e fotógrafo
ÁGORA POLÍTIK tenta ser un espazo de reflexión sobre a HISTORIA, a XEOPOLÍTICA e a POLÍTICA INTERNACIONAL co fin de analizar e estudar os acontecementos que configuran o século XXI.
Fundado e dirixido por PABLO MOREIRA, analista e escritor especializado en historia contemporánea e política global, o proxecto nace coa vontade de interpretar o presente á luz dos procesos históricos que o conforman. Graduado en Xeografía e Historia pola Universitat de Barcelona, con formación avanzada en Política Internacional, Servizo Exterior e Problemas Contemporáneos en Política Mundial pola Università di Napoli Federico II, desenvolve a web cunha ollada aberta e crítica das dinámicas sociopolíticas ao longo da historia até os nosos días.
Na ÁGORA poderás atopar ensaios históricos, reflexións xeopolíticas, recomendacións bibliográficas e información política actualizada dos desafíos aos que se enfrontan as sociedades modernas na actualidade.
